Colaboracións

MANUEL REGUEIRO TENREIRO, FILÓSOFO

Pendurado nunha das paredes da casa, loce, desde hai ben anos, un pequeno prato coa figura de Ánxel Fole, sostendo cun aquel de resignación a faciana entre as mans mentres fita de esguello a quen pasa diante del. Arredor da cabeza, talmente como unha coroa feita de palabras en honor do escritor lucense, hai unha lenda na que se pode ler “Instituto de Ensino Secundario Ánxel Fole de Lugo”.

MANUEL REGUEIRO, ENTRE O ENSINO E A POLÍTICA

Aló pola década dos anos setenta comezou para min unha nova etapa no ámbito da docencia. Tivo lugar en Lugo –despois dunha oposición a cátedras de Ensino Medio– e máis concretamente nas aulas do Instituto Xoán Montes, o terceiro inaugurado na cidade, precedido polo veterano “Instituto”, que despois sería bautizado como Lucus Augusti, e tamén polo Virxe dos Ollos Grandes, que en principio era o “Feminino”.

NOS QUEDAN TUS LIBROS, TU FAMILIA, TU SONRISA Y TU MIRADA LIMPIA

A diferencia de vosotros, los amigos más antiguos, mi familia y yo conocimos a Manolo en el verano de 2004. Desde el primer momento, sin reservas, nos dio muestras de lo que yo entiendo como uno de los rasgos definitorios de su personalidad: su generosidad. Era generoso, generoso con los bienes materiales, pero también (y más si cabe) con sus conocimientos, su sabiduría, sus lecturas, sus relaciones, su idioma y su familia.

MANUEL REGUEIRO

¿Cuándo y cómo homenajear a personas que hayan destacado en esta vida? Los parques románticos nos reservan, con frecuencia, sorpresas conmemorativas de héroes desconocidos, literatos insignes, próceres locales relevantes en lugares lejanos, inmensos, de América hispana. Me acerco y leo los mármoles, ya gastados, los granitos erosionados, los bronces ennegrecidos o verdosos, todos ellos de difícil lectura.

LEMBRANZA DUN MESTRE

Cando se vai un amigo algo esmorece na ánima e, como di a canción, deixa un espazo baleiro que non se volve encher. A verdade é que Manuel Regueiro Tenreiro, sen chegar a ser amigo meu, deixoume unha pegada que moi poucas persoas puideron igualar. Hai máis de dúas décadas confiou en min para traballarmos xuntos a prol do galego sen apenas coñecérmonos.

DON MANUEL, MANOLO Y LOLO

Conocía a Manuel Regueiro desde hacía años, y lo conocía, de forma aséptica y a distancia, simplemente por ser el consorte de mi compañera de trabajo María Teresa, su mujer; pero fue en el año 2011 cuando, con motivo de la presentación de “España, democracia lowcost”, empecé a tener con Manolo, Xulio y Carlos, junto con sus respectivas parejas, una relación más estrecha, diríamos que con un cierto derecho a roce.

IN MEMORIAM DE MANUEL REGUEIRO TENREIRO

A vida dos seres humanos é coma un soño que se vai transformando e acotando co paso do tempo. Partimos da visión dun mundo ideal, pero no noso periplo vital e cotián imos tropezando coas pedras do camiño que son as que nos obrigan ou nos invitan a contemplar o mundo desde continxencias ou circunstancias menos idealistas e románticas para adentrarnos en outras máis primarias, aínda que máis axustadas á realidade.

A MIÑA LEMBRANZA DE MANUEL REGUEIRO TENREIRO

Por varias razóns as IV Xornadas do Ensino en Ourense de 1980 foron importantes para min. Se non me engano, foi nelas onde Ramón Area Míguez, Ramón López Vázquez, Ramón Regueira Varela e Manuel Regueiro Tenreiro presentaron a algunhas persoas os libros de texto “Introducción á Filosofía” (Galaxia, 1979) e “Historia da Filosofía” (Galaxia, 1980).

UN AGRADECEMENTO INESQUENCIBLE

Non, eu non coñecín a Manuel Regueiro Tenreiro máis que pola súa sona, mais a familia Filgueira estarémoslle sempre agradecidos polos importantísimos traballos de investigación sobre a figura política de noso pai, Xosé Filgueira Valverde, realizados e publicados co gallo das Letras Galegas do ano 2015, dedicado a súa figura.

TENREIRO

Encargáronme o meu compañeiro Dosil e mais Xulio Xiz que dese a miña opinión sobre o noso condiscípulo Manolo Regueiro. Aceptei gustosamente a petición, pero xa lles dixen que non podía achegar moito, pois da estancia no Seminario pouco podo dicir xa que, pola cantidade de alumnos, dividíase o curso en dous grupos, e el estaba no grupo B e eu no A.

PRETO DA OUTRA BEIRA: PROPOSTA DE APROXIMACIÓN Á COMPRENSIÓN INTEGRAL DA VIDA

Non pretendo facer unha “laudatio” das cualidades ou virtudes de Manolo. Non o vexo acertado, porque só Deus as coñece de verdade e, mesmo, porque outros as coñecen mellor ca min. Ademáis, ás persoas cómpre lembralas como son ou foron, tamén cos seus “límites”.

O SURRIR DE MANOLO REGUEIRO

Querido Manolo: Non sabes a alegría que levei cando Xulio Xiz me pediu unha caricatura túa. Era unha das dúas débedas que tiña contigo porque, malia a nosa entrañable amizade, non che fixera máis que a daquela viñeta de La Voz de Galicia, na que ti, director de política lingüística convertido de novo en escolante, aprendías ao teu alumno Paco Vázquez, alcalde de A Coruña, que o nome da cidade é ese, o galego, non a forma castelá.

SEMBLANZA DUNHA PERSOA BOA E XENEROSA

Non é fácil escribir sobre un amigo, e sobre todo se morreu, porque un corre o risco de coller o “botafumeiro” e non parar. Fraco favor lle faría a Manuel Regueiro Tenreiro. Vou intentar ser fiel á miña memoria e facer unha semblanza dunha persoa boa e xenerosa. Agradezo a Xulio Xiz a oportunidade de recordar ao Profesor Regueiro.

SOMOS UNOS AFORTUNADOS

“Cris, te presento a mi padre Manolo y a mi madre Maite”. Conocía ese día, hace 15 años, a los padres del que hoy es mi marido Francisco, en Sada, cerca de Perbes. Había organizado Fran esa comida para que nos conociéramos, y no sabría decir lo que comimos, pero sí recuerdo que la conversación fue muy distendida y me sentí como si les conociera desde hace años.

MANUEL REGUEIRO NO ENSINO DA FILOSOFÍA MORAL

Por azar coñecín a Manuel Regueiro Tenreiro nos meses de maio-xuño do ano 2008. Foi no Departamento de Filosofía do IES Ánxel Fole de Lugo, cando acudín a presentarme formalmente como compañeiro con destino definitivo para a praza de Filosofía que deixara vacante a xubilación do profesor Abel Quiroga Gallego.

LOLO

Dende moi pequena souben que o meu tío era unha persoa importante e especial, e non polo trato que tivésemos senón pola súa pegada no mundo. A primeira lembranza que teño del é de nena, na miña casa tiñamos un cómic publicado pola Dirección Xeral de Política lingüística onde aparecía o nome de D. Manuel Regueiro Tenreiro.

PARA O ENSINO EN LINGUA GALEGA

Recentemente chegado ao Instituto “Nosa Señora dos Ollos Grandes” como profesor de Filosofía (1983) atopeime coa grata sorpresa dun “Seminario permanente de Filosofía”, que entón organizaba Manuel Regueiro Tenreiro. O seu labor constante fixo deste seminario un referente de prestixio para todos os profesores de filosofía e outros interesados, non só no ámbito de Lugo senón noutras partes de Galicia.

HOMENAXE A DON MANUEL REGUEIRO TENREIRO

A Manuel coñecino a finais dos anos oitenta nunhas xornadas de formación do profesorado, nas que os representantes sindicais loitaban con moito interese por incrementar o número de “liberados” e, fundamentalmente, reclamando cartos, diñeiro, financiación para a formación que eles non ían programar.

A MANOLO REGUEIRO, DESDE LA AMISTAD

Por mi relación con el amigo y para contribuir al reconocimiento y homenaje que se merece, comentaré brevemente algunas anécdotas y reflexiones que despierta en mí su grato recuerdo. Tanto Manolo como yo hemos hemos vivido algunas experiencias de emigración, siguiendo una costumbre muy habitual y arraigada en Galicia, y factor importantísimo de su historia y devenir.

EL CUÑADO

Por el lado de la familia de la mujer de Manolo (Maite), Manolo era el único cuñado (sí que hay varias cuñadas) por lo que, quiera o no, se le otorga el título de “El Cuñado” con todo lo que conlleva dicho título en cuanto a bromas y dichos. Aunque nada más lejos del aludido y denostado título que lo que Manolo suponía para todos nosotros.

MANOLO REGUEIRO, AMIGO

Coñecín a Manolo Regueiro alá polos anos 90. Dous anos antes empezara a funcionar o novo sistema universitario de Galicia. Á Universidade de Santiago de Compostela engadíanse as novas da Coruña e Vigo. Os comezos non son doados. Non era posible reproducir modelos existentes, era algo novo.

SIT TIBI TERRA LEVIS

Coñecín a Manolo Regueiro a fins dos anos setenta cando me incorporaba ao ensino público como profesor agregado no instituto de Vilalba, no que el estivera pouco tempo antes como director. Hai que dicir que esa primeira relación non foi moi intensa xa que a miña estadía vilalbesa non pasou dun curso, e logo porque as nosas vidas profesionais circularon por distintos vieiros.

GALEGO

Galego, meu pai era galego. Galego de Perbes, galego de posguerra, galego do rural galego, fillo de militar da mariña e costureira/agricultora, e cuarto fillo de cinco irmáns. Contaba que Manuel non era o nome que escolleran para el, pero que o Tío Pedro, irmán da Señora Josefa, a súa nai, parou na taberna antes de ir ó Rexistro Civil e ó non lembrarse do nome que lle dixeran, decidiu rexistralo como Manuel.

MEU PAI

Aínda non hai un ano que o meu pai morreu. Eu non estaba en Lugo. Hai anos que fago a miña vida en Vigo e atopábame alí traballando. Meu pai foise sen que o esperásemos, sen facer moito ruído, na súa casa. Pódese dicir que foi afortunado, pero tratándose da morte a sorte non ten nada que ver.

MANUEL REGUEIRO TENREIRO

Únicamente opta a alcanzar la virtud el que se conduce con integridad pudiendo no hacerlo. Es decir, solo puede ser bueno quien lo es a partir de una decisión voluntaria, eligiendo serlo ante la disyuntiva de escoger qué camino tomar. No es posible ser virtuoso bajo coacción, como no es posible la docencia sin alumnado.

UN SER HUMANO QUE AÚN LLENA ESPACIOS Y MEMORIA

Llegué al Instituto de Bachillerato Juan Montes de Lugo una mañana soleada de noviembre de 1977. Buen augurio, según pronosticó Luis Alonso Girgado, director del centro en aquel momento, viendo el rayo de sol que se filtraba por la ventana e intentando animarme. Y el augurio se cumplió.

DON MANUEL REGUEIRO O EL FILÓSOFO AMIGO

Afirma nuestro filósofo don Emilio Lledó en su libro titulado “Epicureísmo” que dos de las palabras fundamentales de la cultura griega son Teoría y Filia, entendiendo ésta por amistad. Y los que caminamos por la vida con el mismo amor a la humanidad, simpatía, nos une el sentimiento de ayuda mutua, de concordia y colaboración.

NON OMNIS MORIAR

Manuel Regueiro Tenreiro non morreu todo. Sen medo a enganarnos, podemos asegurar que algo de Manolo Regueiro segue vivo. Sempre permanecerá na nosa memoria. A súa inesquecible lembranza faino presente. Dos moitos aspectos da personalidade de Manolo que me veñen á cabeza co recordo da súa actividade vital sempre me chamou especialmente a atención a súa capacidade para establecer empatía co seu interlocutor.

UNA AMISTAD DE MÁS DE CUARENTA AÑOS

¿Cuándo y cómo se inició la amistad entre Manuel Regueiro Tenreiro, vecino de Lugo, profesor de Filosofía, y Vicente Taroncher Valdés, vecino de Valencia, profesor de Historia? Nos conocimos a mediados de octubre de 1977, en el INB Juan Montes de Lugo. Aprobé las oposiciones a Agregados de Instituto en el verano de 1977 y solicité numerosos destinos.

IN MEMORIAM

Cando se me invitou a escribir unas liñas sobre o amigo e compañeiro Manolo Regueiro a miña resposta soamente podía ser afirmativa por moitas razóns, pero, sobre todo, por darme a oportunidade de contar a miña relación con Manolo e de falar del como persoa, como cidadán e como amigo case dende a infancia.