Manuel Regueiro Tenreiro, exemplo para todos nós

Román Rodríguez

 

Manuel Regueiro Tenreiro, como intelixente defensor da lingua e deste país foi e é un exemplo para todos nós, os que formamos parte desta Consellería que, entre outros cometidos, ten a honra de defender e impulsar ese patrimonio común, labor de ourives devanceiros, que é a lingua que nos identifica e nos vencella.

Exemplo, así mesmo, para todos nós, os galegos, beneficiarios da súa longa e fonda loita a prol do idioma, marcando un vieiro no que seguimos a camiñar con orgullo e entusiasmo.

Contribuíndo a que esta publicación vexa a luz, e que a web www.manuelregueirotenreiro.org difunda o seu contido a todo o mundo galego, esta Consellería hónrase homenaxeando a un lucense sabio e sobranceiro, a un dos nosos, para que as oitenta colaboracións que compoñen esta iniciativa de homenaxe sexan outras tantas testemuñas públicas de recoñecemento ao traballo dun home que serviu e amou fondamente a terra, a lingua e as xentes deste país.

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia